Escrito por José DaCapela: "Con respecto ó LUGAR DA CERNADA (Pico Vello), esta mañá atopeime cun dos propietarios destas fincas e casas, ó que lle din as gracias por deixarnos pasalas súas terras, asimesmo informeino do estado do lugar,... O que me chamou a atención foi o seguinte que me contou: o que eu pensaba que era un muíño (construcción que atopabamos á esquerda baixando cara as casas) non é nin máis nin menos que unha pequena central hidroeléctrica para abastecer de electricidade exclusivamente ó citado lugar, consistente nunha dinamo que movida pola forza da auga producía dita enerxía, polo que da que pensar que sería unha pequena aldea autosuficiente: - Produce a súa propia enerxía eléctrica na súa central hidroeléctrica privada. - Ten suficiente extensión para a labranza, gandeiria, ... - Posúe un forno propio para cocelo pan. - Ten delimitado unha zona de árbores frutais protexidos por un balado. - Ten un acueducto para salvar o pequeno desnivel do terreo e así porder regar as praderías - Ten un muíño propio (construcción que non vimos pero que está río abaixo) - Tiña o seu propio xardín e zoa de recreo preto deste muíño. - Incluso ten o seu propio "Altar" situado na parte alta das fincas. Sobre isto último hai unha anécdota, cando estaban a traballar as empresas de canalización do gas dende Mugardos ata o ciclo combinado de As Pontes, un dos propietarios do lugar díxolles (medio de coña) que dada a antigüedad dese monumento deberían ter una valor maior do coste de expropiación, polo que me comenta que dar non lle deron un céntimo pero tocar tampouco non lles tocaron por si acaso era de verdade un monumento prehistórico. Contan os veciños que dito altar é lugar de peregrinación para xentes de "ideoloxías escuras." En fin, encantados de que vos gústase o percorrido e a título personal darlle as gracias a José Manuel Cardesín polo traballo de investigación na internet". ¿Sabedes que estiven cinco ou seis veces nese lugar, i que si non é por él non sabía da existencia do acueducto?.
Track da Ruta:
+ Fotos:
http://picasaweb.google.com/jmcardesin/PicoDoVello?authkey=Gv1sRgCObZg-b8_vy7Kw#
http://picasaweb.google.es/FSEOANEP/PicoVello_Fontardion18042010#
http://picasaweb.google.es/buzonene1977/PicoVello#
Si queredes seguir o fío do Tema
http://fontardion.blogspot.com/
Se queres firmar en contra :
http://www.efirmas.com/3349923/index.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario