Este ano trasladamos a saida ata a Sede de Eumenatura , empresa creada recentemente para desenrolar actividades na zona do Eume , no lugar de Villafail - Viñas en Monfero , onde o final da ruta poidemos desfrutar dun xantar en plan familiar no seu local.
Ali xuntamonos 16 compañeiros , alguns deles novos nestas aventuras , que quedaron encantados coa zona e que prometen voltar
A ruta fixemola pola zona Alta do Eume para percorrer os Miradores sobre o Río que da nome a nosa comarca, e que xa empezan a ser coñecidos pola xente (hai anos , non era asi).
A climatoloxia un pouco extraña este ano , con temperaturas mais propias da primavera que de Outono , fixo que algún fora con roupa un pouco extraña para a época (manga corta) , de todos modos poidemos desfrutar do colorido da zona boscosa pola que pasa a ruta
¡¡¡¡ Ata a próxima !!!!
Deixovos o enlace das fotos e o Track da ruta
FOTOS
TRACK