La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


venres, 30 de setembro de 2011

Nocturna Beumett 2011



Venres 30 de Septembro - 20:00 - Gasolineira de Pontedeume

Kdd Btt percorrendo a zona costeira de Pontedeume e Miño e visitando a Capela de Breamo , con un percorrido duns 27 Km .......
O final os asistentes tomaremos un refrigerio no Pobo
Animate e apuntate

Asistentes

Noite en Breamo


Track

Fotos

mércores, 28 de setembro de 2011

As Rutas de Cachopa




"Cachopa" é Carlos , vive en Relousada - Cabanas , compañeiro de aventuras Btteiras , é amante deste deporte , traballa a reo na sua zona para poder disfrutar do Btt , por suposto el pero tamén os que queiran acompañalo

Por iso lle vamos adicar un espazo neste Blog e iremos comentando as suas andainas porque ten moito merito o que está a facer , investigando , recuperando e limpando camiños na zona , reconstruindo en moitas ocasions , para que poidamos disfrutalos.








http://www.blogger.com/img/blank.gif



Gracias e segue adiante, eu apollareite no que poida

As suas Rutas iremolas publicando co seu permiso .......


Ruta en bici
1344048 - powered by Bikemap 
">