Este ano fixemos 10 anos dende a primeira edición ala por Abril do 2011. por eso quixemos facer algo especial ainda que recortamos en Km , pero as celebracións como galegos celebranse na mesa por eso deixamos tempo para compartir aventuras que temos os bikers nestas facetas baixo a sombra dunha Parra con mesa e mantel.
Tamén para que quede na lembranza unha camiseta conmemorativa.
Viñeron alguns novos , outros que xa facia tempo que non viñan e quedaron sin vir outros máis habituais coma os nosos veciños das Pontes , ainda que veu Victor en representación.
Arrancamos cun dia precioso e a previsión de moita calor como así foi.
Os primeiros Km de súbida como non pode ser de outro xeito saindo do nivel do mar , pero para ir enlazando camiños ata a zona do rio Belelle , que ainda estaba rodable pese a medrar a maleza nesta época
Logo fomos enlazando hacia a zona do Forgoselo para atravesala casi completa e tamén desfrutar das suas vistas e animais en liberdade.
Xa tiñamos media Ruta feita pero a xente tiña sede o non tiñamos donde parar e avituallar , menos mal que alguén nos tiña un secreto gardado o fresco.
Logo de esa parada refrescante e coas pilas cargadas repuxemos ruta para ir enlazando ata a zona do Eume , baixando polo Pousadoiro a Caaveiro
Quedaba percorrer o curso do Eume ata chegar o final da Ruta e desfrutar do Xantar
Como poñia na Camiseta , a por outros "" 10 Anos mais ""