La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


luns, 6 de setembro de 2021

NOCTURNA BEUMETT 2021 - BERNI BIKE PARK


Xa temos o percorrido da Nocturna 2021 , gracias a colaboración e incansable traballo durante todo o Verán de limpeza de camiños e sendeiros do noso colega Berni.

Será o Venres 17 de Septembro , saindo do Parking de Pontedeume as 20:30 e faremos unha Pinchada regada con Cervezas o finalizar na Cafeteria Fragas do Eume de Cabañas.

Polo que ademáis de poder defrutalo percorrido ese día, nos gustaria que o incansable traballo sirva para ter un Bike Park Aberto para o desfrute da bici de montaña e carreiras de monte durante todo o Ano, polo que vos invitamos a que o pisedes e desfrutedes todo o tempo que queirades , canto mais se pise menos haberá que limpar. Polo que deixamos inagurado o Novo  """ Berni Bike Park Beumett """.

Deixamos o Track da Ruta picando no Enlace

TRACK

 

luns, 19 de xullo de 2021

Eumextrem 2021 - 10º Aniversario


 

Este ano fixemos 10 anos dende a primeira edición ala por Abril do 2011. por eso quixemos facer algo especial ainda que recortamos en Km , pero as celebracións como galegos celebranse na mesa por eso deixamos tempo para compartir aventuras que temos os bikers nestas facetas baixo a sombra dunha Parra con mesa e mantel.

Tamén para que quede na lembranza unha camiseta conmemorativa.


Viñeron alguns novos , outros que xa facia tempo que non viñan e quedaron sin vir outros máis habituais coma os nosos veciños das Pontes , ainda que veu Victor en representación.

Arrancamos cun dia precioso e a previsión de moita calor como así foi.





Os primeiros Km de súbida como non pode ser de outro xeito saindo do nivel do mar , pero para ir enlazando camiños ata a zona do rio Belelle , que ainda estaba rodable pese a medrar a maleza nesta época 


Logo fomos enlazando hacia a zona do Forgoselo para atravesala casi completa e tamén desfrutar das suas vistas e animais en liberdade.






Xa tiñamos media Ruta feita pero a xente tiña sede o non tiñamos donde parar e avituallar , menos mal que alguén nos tiña un secreto gardado o fresco.


Logo de esa parada refrescante e coas pilas cargadas repuxemos ruta para ir enlazando ata a zona do Eume , baixando polo Pousadoiro a Caaveiro


Quedaba percorrer o curso do Eume ata chegar o final da Ruta e desfrutar do Xantar



Como poñia na Camiseta , a por outros "" 10 Anos mais ""