Este ano complicado no que estamos a vivir non permite facer moitas cousas pero nos tratamos de non perder as boas costumes e fixemos como non, esta Edicion Nocturna que tanto nos gusta.
Kedamonos polos montes cercanos a contorna de Pontedeume combinando Montaña e Mar entre a zona de Breamo e Centroña/Ver polo que a ruta ainda que foi corta tiña subidas e baixadas continuas que nos fixeron sudar e desfrutar.
A noite en canto o tema meteorolóxico estivo perfecta , podendo desfrutar das vistas da Ría de Ares e pobos que nos rodean , en algún punto poidemos divisar as cidades de A Coruña e Ferrol dende o mesmo punto ... ainda que algúns polas presas non se pararan a observalo.
Deixo o enlace do Track e das Fotos por si alguén dos que non viñeron a queren repetir.
¡¡¡ Ata a próxima colegas !!!