
Bueno , xa superado o Reto e despois do merecido descanso , vou intentar explicar a miña impresión sobre o ocurrido este pasado Sábado , en primeiro lugar agradecer a masiva participación na que contamos de inicio , nin os mais optimistas contarían con semexante afluencia ....... ¡¡¡¡ A xente está tola !!!!
Preto de 50 participantes estaban no lugar acordado , saimos bastante puntuales para ese numero de xente e nos primeiros Km , comenzouse a impoñer un bon ritmo o que fixo que o pelotón se estirara e algúns colleron a ruta por onde non era (eso fixeno con un pouco de malicia para que trataramos de ir o mais xuntos posibles) ,xa non lles volvemos a ver o pelexo en toda a Ruta , ainda que outros logramos agruparnos e facer ruta polos camiños do Belelle en dirección a primeira parada en Vilardemouros, na que chegamos con 30 minutos de adianto según o horario previsto.
Ali almorzamos un bon grupo que logo formaríamos ata case o final da ruta , unhos 30 compañeiros..........
Como a seguinte parada iba facerse moi preto , decidimos sobre a Marcha facer unha variante e subir o Forgoselo e Fontardión , aproveitando o percorrido , fixemos unha visita a Casa Valentín en Goente na que poidemos soborear os callos regados cunha boa Cerveza.............. ¡¡¡ A cousa se iba animando !!!
Ese grupo de Bikers formouse con forza , esperando e axudando , os que tiveron algunha incidencia , facendo ruta e mais fotos para o recordo
Logo chegaría a hora e o lugar dos pinchos (Mesón O Pazo) que farian as veces do Xantar e na que teño que decir e pedir públicamente que foron demasiado escasos para o esforzo que nos esperaba , a unica ventaxa foi que nón nos pesou a comida
Arrancamos cedo de alí e comenzaríamos a facer o Tramo mais duro e fermoso da Ruta , na que ainda que o Sol apretaba , atallamolo por zona sombría e na que a temperatura da Fraga nos axudou a soportalo mellor ............
O peor foron as costas que unha vez chegados a Central , non poidemos evitar durante un bon anaco
So quedaba a recompensa das vistas , que a zona dos Miradores nos fixeron disfrutar , pero as forzas xa comenzaban a escasear e algúns de nós so pensábamos cando será a seguinte parada ......... antes houbo que visitar en traxecto de ida e volta (evitando asi un bucle circular de 8 Km) o que eu considero a zona mais fermosa da Ruta , o Mirador de Carboeira na zona da Ruta dos Cerqueiros
Fixemos a última parada antés de rematar a ruta e ali poidemos recupera algunha forza , gracias a atención da Taberneira , na que de repente se encontrou desbordada , non era para menos ..........

A xente de alí saleu con Presa , xa fora pola hora ou polas forzas que quedaban poucas , e logo duna boa baixada de monte , algún xa colleu asfalto para rematar antes , pero ainda quedaban eses últimos camiños que descubrin a semana previa e na que facían evitar a carretera , ainda que para iso houbera que sufrir o que xa non quedaba
O final quedamos un grupo reducido de unhos 13 bikers , que fixo a última foto no Castelo de Andrade e gozou da baixada final e remate da Ruta

Gracias a todos e ata a próxima
Fotos
Track final
Ningún comentario:
Publicar un comentario