La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


luns, 2 de decembro de 2013

KDD BTT RUTAS MIRADORES - DIC 2013

Domingo 1 decembro 2013

Ainda que este Inverno está sendo de moita chuvia e de poucos días de Sol , tivemos un día precioso

En xuntanza con xente de Ares , Mugardos , Ferrol , Cabañas e Pontedeume , e despois de pedirme algúns colegas de Ares que querian facer algo pola zona do Eume vistando a zona de San Bartolomeu e o Mirador de Penedo Empardado , organizamos esta Kdd na que aparaceu mais xente da que contabamos , que para nada desmereceu a Ruta e axudan a facela mais amena



Xuntamosnos mais de 20 Bikers con gañas de aventura e nunha fermosa maña para ser xa no mes de Decembro , percorremos o borde do río ata Caaveiro para coller distancia e poder visitala zona que tiñamos pensado , pese a ter varias anecdotas de pinchazos e algunha averia mecanica na que houbo que apañarse para poder sair da situación e non quedar tirados no monte , poidemos facer case todo o percorrido que era previsto ainda que con algún retraso que provocou que algunha xente se perdera a zona final




Moi satisfeitos da experiencia , esperamos facer mais xuntanzas destas para non perder as boas costumes

Gracias a todos e unha aperta

Deixamosvos o estupendo Video que nos fixo o colega David
Kdd Btt Ruta dos Miradores

TRACK


Algunhas fotos da xornada
https://picasaweb.google.com/109361223274186759204/BeumettRutaDosMiradores#

luns, 4 de novembro de 2013

III KDD OUTONO BEUMETT 2013

20 Bikers nos xuntamos puntuais na saida en Goente , con gañas de desfrutar , ainda que temerosos de mollarnos , logo das chuvias caidas nos dias previos

Logo poidemos comprobar que as choivas dos días derradeiros , comenzaban a facer estragos nos camiños , e facia que fora case imposible poder facelo montado nas bicis

Habiamos feito a ruta en varias ocasions , e era totalmente ciclable sen ter que baixarse , pero as cousas cambiaron e xa comenzamos atoparnos sorpresas , estaba claro que habría que mollar os pés , facendo en varias ocasions


A mala nova do día , foi a caida de Emilio na primeira baixada tecnica de sendeiro , e por no atropelar os que se lle frenaron diante (espero que non lle quede un mal recordo da Ruta) ,  ainda que home duro e experto en batallas quixo continuar , na case totalidade da ruta
Tras uns primeiros Km nos que chegamos a coller bastante altura e poidemos divisar a zona dende o alto , chegando a divisar o lonxe as chimeneas da Central das Pontes
Fixemos parada nuha fermosa Fervenza , na que a xente se recreo con entorno natural e poido facer varias fotos de recordo , antes de entrar na Senda do Eume , que desfrutariamos ata chegar os pes da Central

 O tempo se botaba enriba , tras algunha incidencia mecanica e pinchazos , e tras chegar preto das Pontes , algúns que tiñan presa por chegar o xantar coa familia , escaparon por Estrada , ainda que lles quedou moito entorno natural de gran beleza
Pero non importa , os camiños están ahí e esperamos poder desfrutalos durante moito tempo.
Ainda quedaban unhos pasos compricados por atravesar , nos que os fotografos se poideron recrear
Dende ali e case rematando a ruta , a xente xa non contaba rematar a ora prevista , pero pese o tempo chegamos satisfeitos polo entorno percorrido
Quedabanos o remate da Xornada , que eran os Callos que nos tiña preparados Fina na Taberna de Goente , e no que os adelantados que viñeron por estrada nos quixeron roubar
Rematando , mollados pero contentos pola xornada vivida .
Ata outra compañeiros , aquí estaremos

TRACK

Resto de fotos recopiladas:
Fotos de Jolin
Fotos de Man
Fotos miñas








sábado, 13 de abril de 2013

IV EUMEXTREM BTT 13 ABRIL 2013

Cambiamos de zona e fomos pola de Monfero , a xente andaba con outras metas e fomos poucos , saimos da Taberna da Pila da Leña que xa ten novos propietarios.
Xuntamonos 4 cabaleiros a desfrutar dunha maña que se preveia mellor do que estuvo , tivemos moito vento no inicio e nas zonas altas cando fomos acompañando os muiños de vento, logo de volta internamonos na zona de bosque e melloramos pero o terreno tamén se puso mais compricado , ainda hai moita auga nos camiños e faise moi pesado pedalear
De todos xeitos desfrutamos da maña e algún voltou sorprendido do que pode dar a zona do Eume ........ Suso e mais eu tivemos que ensinarlle a Jose e a Cachopa a beleza das vistas do Eume dende a zona Alta

¡¡¡ Ata a próxima !!!







Resto de fotos:
https://picasaweb.google.com/108220686931061538436/ProbaEumextrem2013

luns, 7 de xaneiro de 2013

Andaina Cañon 2013



Xa pasara un ano dende a última andaina polas Fragas do Eume e, un feito tráxico, ocorrido o verán pasado coma foi o incendio que asolou parte delas, facíanos pensar que si repetíamos a rota feita no 2011 íanos borrar os recordos dunha fraga aletargada polo inverno pero agardando a primavera para brotar de novo. O final decidimos repetir a mesma dado que o tempo aveciñábase  bo e, sería unha forma de dar fe que, aínda que o incendio causou moito mal, as súas consecuencias estábanse a recuperar.
Saímos da vella central de Ventureira enfilando en zig-zag as tubaxes que levaban a auga as súas turbinas, nesa subida, o pouco frío que levábamos, xa o deixamos atrás, pero o sorprendente foi ver a varios corredores de raid subindo ó trote, deixándonos como si nos fóramos unha excursión do Inserso comparados coa súa destreza. Arriba, nas piscinas de captación de auga, tomamos un respiro e achegámonos a ver a zona por onde baixa o torrente pletórico de auga. Alí xuntámonos co resto da expedición que achegaran os coches para non ter que volver a facer este percorrido de baixada a Ventureira.
Encamiñamos xa a senda cara á presa do Eume pero, desta vez, pertrechados con lanternas, internámonos por un dos túneles feitos na pena e onde habitan os morcegos que estaban a ser observados por 3 rapaces que logo explicáronnos algo sobre o seu traballo.
O percorrido, como sempre nas Fragas, fíxose curto xa que hai tanto para que mirar que pasa o tempo moi rápido, desta vez destacaron as feridas feitas polo lume e que, afortunadamente, están a ser borradas, polo menos no aspecto visual.
Unha vez na presa descanso para tomar o tentempé e, trala visita á canteira, onde uns escaladores estaban colgados nas paredes, acometemos a subida máis esixente onde nos cruzamos con outros practicantes de raids, a verdade que nestas costas, teñen ben onde por as pernas coma vigas de aceiro. Unha vez arriba, xuntamos co resto da familia de José Manuel, con seu vello setter incluído, tamén asiduo das Fragas. Xuntos encaramos o camiño, dende este punto que foi a orixe do incendio, hasta o derradeiro miradoiro onde, tras as oportunas fotos, baixamos cara aos coches e, a continuación, dirixirnos ó restaurante para repoñer forzas.
A rota sigue estando espectacular aínda que as pegadas do lume están aí, menos mal que nas zonas onde a humidade e flora autóctona foron quen de deter o avance das lapas. Solo esperar que, polo menos, se aprendera a lección e, confiar en que a natureza repoña o que non fomos quen de evitar, na primavera voltaremos a comprobalo, prometido.


Un saúdo.