La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 6 de decembro de 2025

Kdd Beumett Outono 2025




 Logo de algún tempo de parón , decidimos non perder mais tempo e voltar as xuntanzas betteteiras pola nosa contorna para desfrutar da bici , dos amigos e das zonas fermosas nas que podemos percorrer coas nosa monturas.

Creo que a xente votaba de menos estas argalladas e de poder xuntarnos de novo.

Para buscar unha zona neutral e que nos cadrara a medio camiño a todos os colegas destes ultimos anos de xuntanzas decidimos facer a Saida en Irixoa e percorrer a zona do Eume dende esta zona e creo que non decepcionou , tendo bastante afluencia de participación e calificando de éxito por parte da maioria dos participantes.

Pois que sirva de animo para seguir facendo mais cousas.

Deixo Track da mesma e un enlace coas fotos.

TRACK

FOTOS

Mais fotos