Xa pasara un ano dende a última andaina polas Fragas do Eume e, un feito tráxico, ocorrido o verán pasado coma foi o incendio que asolou parte delas, facíanos pensar que si repetíamos a rota feita no 2011 íanos borrar os recordos dunha fraga aletargada polo inverno pero agardando a primavera para brotar de novo. O final decidimos repetir a mesma dado que o tempo aveciñábase bo e, sería unha forma de dar fe que, aínda que o incendio causou moito mal, as súas consecuencias estábanse a recuperar.
Saímos da vella central de
Ventureira enfilando en zig-zag as tubaxes que levaban a auga as súas
turbinas, nesa subida, o pouco frío que levábamos, xa o deixamos atrás,
pero o sorprendente foi ver a varios corredores de raid subindo ó trote,
deixándonos como si nos fóramos unha excursión do Inserso comparados
coa súa destreza. Arriba, nas piscinas de captación de auga, tomamos un
respiro e achegámonos a ver a zona por onde baixa o torrente pletórico
de auga. Alí xuntámonos co resto da expedición que achegaran os coches
para non ter que volver a facer este percorrido de baixada a Ventureira.
Encamiñamos xa a senda cara á presa
do Eume pero, desta vez, pertrechados con lanternas, internámonos por
un dos túneles feitos na pena e onde habitan os morcegos que estaban a
ser observados por 3 rapaces que logo explicáronnos algo sobre o seu
traballo.
O percorrido, como sempre nas
Fragas, fíxose curto xa que hai tanto para que mirar que pasa o tempo
moi rápido, desta vez destacaron as feridas feitas polo lume e que,
afortunadamente, están a ser borradas, polo menos no aspecto visual.
Unha vez na presa descanso para
tomar o tentempé e, trala visita á canteira, onde uns escaladores
estaban colgados nas paredes, acometemos a subida máis esixente onde nos
cruzamos con outros practicantes de raids, a verdade que nestas costas,
teñen ben onde por as pernas coma vigas de aceiro. Unha vez arriba,
xuntamos co resto da familia de José Manuel, con seu vello setter
incluído, tamén asiduo das Fragas. Xuntos encaramos o camiño, dende este
punto que foi a orixe do incendio, hasta o derradeiro miradoiro onde,
tras as oportunas fotos, baixamos cara aos coches e, a continuación,
dirixirnos ó restaurante para repoñer forzas.
A rota sigue estando espectacular
aínda que as pegadas do lume están aí, menos mal que nas zonas onde a
humidade e flora autóctona foron quen de deter o avance das lapas. Solo
esperar que, polo menos, se aprendera a lección e, confiar en que a
natureza repoña o que non fomos quen de evitar, na primavera voltaremos a
comprobalo, prometido.
Un saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario