La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 20 de novembro de 2010

Kdd Btt en Moman - Xermade - 20 Noviembre 2010


Ruta en bici
1344039 - powered by Bikemap 
">


Comentarios de Maismar
http://maismar.blogspot.com/2010/11/quedada-moman-xermade.html


Mui poucas veces se dan unhas condicions tan idóneas para reunir a mais de vinte amantes de este increíble deporte concebido por e para xentes auténticas.

CONDICIONS ATMOSFERICAS.-
Temperatura: sempre inferior a 8ºC.
Vento: as veces superior a 50Klm. racheado e aumentaba cando daba de frente.
Choiva: fría, cuantiosa, mesturada con granizo bélico.
Suelo: encharcado, pasos con auga por derriba do pedalier, as veces chegaba a tija.
Temperatura da auga: fría de OO.
Sol: algunhas veces saía para indicar que seguíamos no Sistema Solar, porque en ocasions parecía que nos habíamos saido.


AS OUTRAS CONDICIONS.-
Nada mais chegar a reunión alí disposta acordaba aquela histórica Táboa Redonda; todos preparados, apertas de maus quentes, miradas alegres, sonrisos cómplices, presentacions de descoñecidos cabaleiros convocados a esa loita, sensacions nobles, homes actuais preparados para loitar a vella batalla de sempre con a idea clara e dispostos a cumplir a palabra dada: "se digo que vou, é que vou; senon non digo nada". Despois partimos con a idea clara de que aquelo íbamos vencelo.


A RUTA E ENTORNO.-
Tuvo de todo, algunha pista, camiños vellos, outros mais novos, corredoiras, corredoiras vellas de croios vivos, algún sendeiro e salvo unhos kilómetros de retorno, pouco asfalto. Non é excesivamente técnica, pero recore unhos estupendos paraxes por o amplio e encantador municipio de Xermade; un municipio con moito por enseñar e que merece moitísimo a pena perdérse por él e deixarse feitizar por os seus mais de mil regos e regueiros; en outra ocasión que tuven en Él de visita compareino con Pandora; o planeta que J.Cameron creou para situar a exitosa Avatar.


ASISTENCIA EN RUTA.-
Como debe de ser: atenta, suficiente, e sobre todo, discreta; taban nos puntos acordados dando a seguridade que gusta saber pero non mezclándose por o medio dos bikers creando malos fumes e aturdindo o pedaleo. Tamen había ben "mimetizada" asistencia sobre bici, que facían mais segura a marcha. Todos eles souperon manter esa discreción exquisita, un 10 para teles.


CHEGADA.-
Aquí foi o momento mais crudo, pois chegamos mollados e casi xelados; había que meterse con calma para non pasar do frío o repentino calor de aquela ducha que facía reaccionar, pouco a pouco, as partes que non participaron no pedaleo pero que se agradece saber que siguen ahí. Tanto a temperatura e as instalacions perfectas.

XANTAR.-
Moita asistencia e excelente compañía na hora da comida onde puidemos degustar e hasta fartar un cocido rematando con postre de viño quente con azucar e casañas asadas. A música en directo puxo fin a este bonito día ben concebido e secundado por auténticos cabaleiros de tempos modernos que cabalgan sobre bestas movidas por verbas e silencios.

AGRADECIDO.-
Gracias os organizadores, e sobre todo a Serafínmtb, con eventos así de redondos, e para o que faga falta, xa sabes que sempre podes contar con nos.Tá claro que unha loita así e en esas condicions convírtese en inolvidable e será como un anel que nos manterá moralmente xunguidos os que tuvemos alí. Momentos así unen; ¿ou non?.

¡¡¡ Non houbo fotos , por que o día non permitia levar ningún dispositivo que non fora sumerxible !!!

Track da Ruta

Ningún comentario: