La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


venres, 30 de setembro de 2011

Nocturna Beumett 2011



Venres 30 de Septembro - 20:00 - Gasolineira de Pontedeume

Kdd Btt percorrendo a zona costeira de Pontedeume e Miño e visitando a Capela de Breamo , con un percorrido duns 27 Km .......
O final os asistentes tomaremos un refrigerio no Pobo
Animate e apuntate

Asistentes

Noite en Breamo


Track

Fotos

1 comentario:

FSEOANEP dixo...

Este e o Track do percorrido :
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2071041