La leyenda
Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]
"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"
"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"

martes, 13 de marzo de 2012
Crónica II Andaina Beumett 10 Marzo 2012
Xuntámonos 20 compañeiros e amigos de estas aventuras , ademais da Ruta tiñamos o aliciente de estrenala actividade de Geocaching – Geoescondites ou para nós eumetesouros , a xente estaba puntual no lugar acordado (notase que a xente tiña gañas de aventuras) , coma invitados de honra tiñamos a dous novos exploradores Raquel e Adrían (con 7 e 8 anos)
_
Xa chegados o Camping Fragas do Eume en Queixeiro (http://www.campingfragadeume.com/), dispuxemonos a escomenzar a Andaina , ibamos ampliala un pouco mais para descubrir un eumetesouros no Mirador do Penedo Empardado , a saida foi un pouco sinuosa xa que collemos unhos camiños con moita leña tirada polo paso dos Maderistas (e xa se sabe que deixan todo limpo)Polo que a xente comenzo a coller temperatura , o día tamén axudaba xa que ainda sendo no inverno era de verdadeiro verán , logo collemos unha zona de baixada ata o río do Parrote xa mais fermoso ata chegar a primeira ponte preto do Muiño da Laxe ali fixemos foto de Grupo.
Logo seguimos subindo por un hermoso camiño ata chegar a aldea da Hermida preto da zona da Torre se San Bartolomé e de alí hacia a zona do Mirador donde ibamos na busqueda do noso 1º eumetesouro da xornada , pero surxiu ocasión no camiño de probar a busqueda de outro Caché que puxo o meu socio JM Loureiro Mirador sobre o Eume (GC3CKBK) , que soamente é para intrepidos escaladores , foron na sua busqueda Fran e JM Loureio , xa que para os demais era demasiado risco , o resto continuamos camiño do noso primeiro destino Mirador do Penedo Empardado (GC3CAHB) , no que os pequenos exploradores poideron desempeñar a sua función , ¡¡¡ Primeiro atopado!!! Por Adrián e Raquel,
logo modificamos un pouco a ruta para non voltar hacia atrás polo mesmo sitio e paramos noutro Sainte da Pista na que desde unhas rocas podese contemplar con Beleza o Cañon do Eume,
proseguimos ruta hacia a Central do Parrote o nos próximo destino e fixemolo pola carretera ata a Central do Eume para logo bordear o río pola marxen esquerda ata Cegar , ali atopamos outro grupo de senderistas que xa estaban a xantar e anós xa nos empezaba a ruxir o estómago , o grupo sentouse no muro do edificio e colleo auga na fonte (ainda que xa pouca había) e mentrés os pequenos exploradores e o resto de interesados fomos na Busqueda do 2º eumetesouro Central do Parrote , atopárono eles solos coa axuda do Gps de Pablo no burato dun castiñeiro,
logo decidimos continuar xa que se nos empezaba a facer tarde para xantar , pois a xente xa estaba cansa e resulta que nos quedaba o mais duro da xornada , a interminable subida pola fermosa Fraga para recuperar altura e voltar o punto de partida , o de fermosa quedou para outro día xa que o cansancio non nos deixou desfrutala , moitos xa me botaban pestes ……… formamos varios grupos durante a subida , ¡¡¡ parecía que nunca se acababa ¡!! E algún xa empezaba a pedir axuda , sorprendeume un dos pequenos exploradores que case era dos mais frescos do grupo , vista a situación decidimos que tiñamos que finalizar a xornada polo tempo e polo cansancio , polo que os mais adiantados foron buscar os coches para poder rescatar algunha xente , deixando para outra xeira a visita a Fervenza do Rego da Vaca
e contemplar a sua Beleza e mais poder buscar outro eumetesouro Fervenza do Rego da vaca
ali a xente comenzou a recuperar as forzas e a sonrisa coa axuda do Menú que nos tiña preparado Carmén
e contemplar a sua Beleza e mais poder buscar outro eumetesouro Fervenza do Rego da vaca
Despois de xuntados e algo recuperados , partimos a darlle pracer ó paladar xa que a ruta estivo ben , pero a xente quere algo mais , e poidemos desfrutar dun Cocido na Enxebre Taberna da Pila da Leña,
ali a xente comenzou a recuperar as forzas e a sonrisa coa axuda do Menú que nos tiña preparado Carmén
…………Pois ali estivemos ata as 17:30 da tarde , algúns decidiron finalizar a xornada e marchar e outros aproveitamos unha visita o Mosteiro de Monfero , ainda que por estar a celebrarse unha Misa , non poidemos entrar a contemplar o recinto por dentro , polo que decidimos visitalo pola zona externa e buscar o 3º eumetesouro da xornada Monasterio de Monfero GC1TTKA , coa axuda das pistas que lle demos Adrían logrou atopalo e asi continuar coa xornada de exploración. Logo partimos hacia o destino final que era o regreso a Pontedeume , non sin antés poder disfrutar do Castelo de Andrade e aproveitando que poidemos subir a sua cúpula (ESTABA ABERTO POR CASUALIDADE ESE DÍA) , dende ali poidemos contemplar as hermosas vistas da zona que o rodea e poder facer unhas fotos,
como tamén ali existe outro eumetesouro Castelo de Andrade, pois aproveitamos a poder atopalo e Adrían prosegui coa sua faceta de explorador conseguíndo o 4º da Tarde , ademais deixamos unha fermosa moneda atopada noutro Tesouro na Torre de Herculés o día anterior
Bueno pois xa solo quedaba a despedida tomando un refresco ou café no pobo e decidimos facelo na Taberna do Covés , para que asi aproveitara Adrían a poder descubrir o último eumetesouro do día , o do Teixo de Pontedeume
GALERÍA COMPLETA
#Podedes ver a galería a pantalla completa se premedes nas duas flechiñas opostas da parte inferior dereita do recuadro da galería#
##Para descargar as fotos a 2048px de ancho visitade o enlace ó albún https://picasaweb.google.com/10DeMarzoDe2012##
Resto de Fotos:
https://picasaweb.google.com/10DeMarzoDe2012##
Gracias amigos , nos vemos na próxima ou cando queirades
Textos: FSeoane
Fotos:Fseoane e JMLoureiro

Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario