La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 24 de novembro de 2012

II KDD OUTONO BEUMETT


Xa temos fecha para a Celebración da II Kdd Outono Beumett , será o Sábado 8 de Decembro do 2012, as 08:45 na explanada do Parque de Cabañas (o lado da caseta de Información Turistica), A ruta son 43 Km , cunha dificultade media-alta polos desniveles acumulados



Este é o Mapa da zona que percorrerá a Ruta.

 Para anotarse enviade correo a  fseoanep@gmail.com


Tamén no enlace do foro:
 http://beumett.foroactivo.com/t54-kdd-outono-beumett-2012 



Ningún comentario: