La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


venres, 3 de outubro de 2014

Bidegorri-14 - Kdd Outono polos arredores do Lago

Espectacular Ruta nas Pontes que nos prepararon os colegas veciños das Pontes (amigos Arturo Fornos , Manolo Lamas e compañia)

Gracias por tanto traballo que fixestes pola zona para que poideramos desfrutar dunha ruta Btt na que moitos pagarían por poder vir......






O Domingo 12 de Outubro
Saída as 9 da maña do Pavillón Municipal da Fraga onde tamén rematará.
40 Km. Por sendeiros nos arredores de As Pontes pasando por:

- Rio Pontedapedra
- Alto da Pena Branca
- Rego do Chao
- O Vilar
- Rego do Meidelo
- Casalonga
- Espiñaredo
- A Castiñeira
- Crudomil


TRACK

FOTOS

Ningún comentario: