La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 24 de setembro de 2016

Kdd Nocturna 2016



O Venres 23 de Septembro tivemos a Kdd Nocturna da Grupeta que solemos facer por estas datas , saindo coma sempre do Parque da Rotonda de Cabanas e este ano indo por zonas de Cabañas e Fene con percorrido final pola costa ata Centroña.


TRACK

Xuntamonos 15 bikers e tratamos de desfrutar polos camiños de noite , no que se pode desfrutar de outra maneira a facelo polo día , tivemos o infortunio da caida de Berni que maia a mala sorte que tivo pola caida e ter que retirarse e non poder desfrutar da parte final e dos pinchos do remate puido quedar en solo un susto e un tempo de convalecencia.



 Pese a mala sorte da caida que foi bastante fea , tivo a sorte de poder recuperase tras unha temporada apartado da bici, foi unha magoa pero xa volte a estar en activo para poder seguir desfrutando dos camiños e nos con él.

Logo coa ausencia de Berni , degustamos as viandas que habiamos encargado...... Ata a próxima!!!






Ningún comentario: