Vou contar a miña experiencia de Ruta, que ainda en Km non foi para tanto (110Km) si que foi lenta polo tipo de terreno e circunstancias da mesma.
Para poder emplazarnos no Inicio da mesma , desprazamonos en tren dende o destino , collemos o tren en Betanzos Infesta as 07:00 da mañán ata Lugo , onde chegamos sobre as 08:30, despois de tomar un café para activar enerxias , comenzamos a rodar. Inicialmente fixemos unha volta por enrriba da Muralla para divisar a Cidade en todo o seu explendor , mentrás o noso compañeiro Jose Ramón nos indicaba os lugares mais emblemáticos da cidade , logo fomos hacia a zona do Río a carón do Club Fluviale para comenzar a nosa aventura.
A ruta percorre sendeiros e camiños pegados os ríos durante case todo o percorrido , na primeira parte fumos dende Lugo ata Ombreiro pola marxen esquerda do Río Miño, logo atravesamos a ponte na estrada que vai de Outeiro de Rei a Friol para continuar pola marxen dereita do Miño pasando polo Zoolóxico de Marcelle , continuamos polos sendeiros do Río ata a ponte que vai a Martul , ali visitamos o fermoso salto de auga de Piago , ali separamonos un anaco da beira do río ata chegar a Begonte , pero visitando a fermosa estampa que nos mostra a natureza coas formacions graníticas de Pena de Rodas , onde curiosamente había unha exposición en honor a Manuel María , o escritor da zona de Outeiro de Rei que homenaxeaban neste ano polo día das Letras Galegas, ¡¡¡ Que curioso!!! sin contar , atopamonos con esa casualidade , xa que a nosa aventura coincidia co mesmo día das Letras Galegas.
En Begonte , paramos avituallarnos mentres esperábamos a que nos repuxeran a montura de pedales de Serxio , xa que xa levabamos un anaco que a sua roda traseira iba protestando de falta de mantemento , ali amablemente se acercou Javi desde Teixeiro no coche para deixarnos outra montura e que Serxio continuara a sua Ruta.
En Begonte voltamos a coller os sendeiros que van pegados o río , pero neste caso moi accidentados polas riadas de estos derradeiros anos e pola falta de Mantemento, ¡¡¡¡¡ Unha Magoa ter eso asi ¡!!!!! , notase que cando había cartos fixeronse moitas cousas que agora non se manteñen , chegamos a contar unha ducia de pontes de madeira caídas ou movidas polas riadas e un montón de arboles caídas que tivemos que ir sorteando como poidemos , entre o Km 30 e 36 de ruta, como decía foi a parte mais dura da ruta xa que a mallor parte dela tivemos que facela a pé e solventando a infinida de obstáculos que o camino nos deparaba , aquí foi onde perdemos demasiado tempo que logo o final do día pagamolo
En Baamonde a cousa mellorou , continuamos por sendeiros pegados os Ríos Ladra e Parga , pero aquí están moitos mais cuidados e limpos , mellor conservados , posiblemente por que se move bastante xente por eles , atopas senderistas e algún outro ciclista , en Parga fixemos unha parada para reponer forzas , logo continuamos ata Guitiriz seguindo as sendeiros pegados o río pero xa a velocidade iba aumentando , nesta zona deixariamos de novo os ríos ata chegar o Monte do Gato , onde pese estar na zona alta , ainda tivemos que facer subidas e baixadas continuas cun apreciado desnivel en ambas , o corpo xa non estaba para moitos trotes , rematamos o Monte deo gato na zona de Coiros e logo enlazamos coa Ruta da Auga de Betanzos , de novo voltariamos a ir pegados a zona do río ata chegar a vila dos Cabaleiros , final da nosa aventura con mais de 110 Km as nosas costas.
En fín , dura pero fermosa experiencia e agora algo mais descansados , desexosos de repetir.
TRACK
Ningún comentario:
Publicar un comentario