La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 27 de maio de 2017

Sobrado Titan Bike 2017


Ainda que se sale un pouco do noso Entorno , non podo deixar pasar este fantástico Rutón que nos fixeron os novos Colegas de Sobrado





Gran ruta organizada polos compañeiros do Sobrado Sport Bike e que discurre por pistas e camiños forestais (evitando en todo o posible o asfalto) atravesando os concellos de Sobrado, Toques, Palas de Rei, Guntín, Lugo e Friol. 


Saímos de Sobrado dirección monte do Bocelo e facemos cume nos eólicos de Pena Moura (límite entre os concellos de Sobrado e Toques), baixamos hacia o río Furelos e rodamos pola beira do río ata chegar ás Fervenzas de Brañas (Toques). 







Deixamos ás fervenzas á dereita e comezamos unha dura subida que nos levará ó cume do Corno do Boi (Friol), desde aquí rodamos polo parque eólico de Pena Armada dirección Serra do Careón (desde donde podemos observar a man dereita o pobo de Melide) ata ir dar ao Camiño Primitivo (este camiño separa os concellos de Toques e Palas de Rei), e colleremos este sendeiro en dirección Lugo (uns 20 km) ata San Román da Retorta (Concello de Guntín), onde aproveitamos para facer avituallamento nun dos albergues da aldea.

Xa co depósito cheo, collemos dirección Lugo ata chegar á aldea de Santa Eulalia de Bóveda (xa no Concello de Lugo). Desde aquí enfilamos outro gran ascenso ás canteiras de Facoi. Desde a cima podemos visualizar as canteiras de Vilachá de Mera e detrás destas avistamos a cidade de Lugo. Comezamos un descenso divertido por sendeiros hacia Santa Marta (xa en Friol), cruzamos o río Narla por unha bonita ponte e seguimos por camiños forestais ata ascender ó Cordal de Ousá.

Desde aquí baixamos ata a aldea de Trasmonte e continuamos ata Miraz, cruzando o río Parga. Unha vez en Miraz, collemos de novo o camiño de Santiago dirección Sobrado ata chegar a Anafreita e desde ahí afrontamos o último pico da xornada subindo ata a Cova da Serpe.

 Desde aquí baixamos por un pequeno e técnico sendeiro ata a aldea de Dombrete e enganchamos unha pista de area que nos levará ata As Cruces. O camiño de As Cruces a Sobrado (uns 5km) fixémolo por asfalto.

Gracias a Josiño e ó resto de compañeiros de Sobrado pola gran xornada de auténtico BTT da que nos fixeron disfrutar




Ningún comentario: