Este ano tamén e como novidade a opción a poder facer 3 distancias de Ruta coa posibilidade de poder facelo pola maña , pola tarde ou todo o día (opción longa)
Saimos das Pontes do Polideportivo da Fraga as 09:00 da maña 13 bikers con un tempo estupendo para poder disfrutar da xornada.
A ruta da maña bordeamos o Embalse da Ribeira pero sin ir pegados a él , por camiños e pistas enxebres percorrendo aldeas tranquilas e por sendeiros ribeireños ben fermosos e salvando pasos con pontes de madeira feitas artesanalmente para a ocasión para poder desfrutar dos sendeiros sin ter que baixarse.
Logo continuamos ata coronar a zona do Caxado para emprender a baixada ata o Entorno do Lago das pontes onde poidemos desfrutar dun explendido avituallamento que nos tiña preparado o amigo Arturo xunto cos seus colegas , a partir de aquí houbo xente que rematou a xornada e outros incorporanrose para facer a parte da Ruta da tarde
A partir de Goente enlazamos a zona do Eume visitando a Fervenza do Bermui que estaba espectacular coma sempre, e percorremos a fermosa senda que bordea o río pola espesa Fraga ata o final da ruta, de novo na entrada de As Pontes.
Xornda perfecta e boa compañia , Boa Ruta e con un espectacular día para desfrutar do noso Entorno.
Algúns quedamos a poder comentar a xornada arredor dunha mesa.
Ata a Próxima colegas.
Fotos da xornada
Ningún comentario:
Publicar un comentario