La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


venres, 26 de xuño de 2020

Eumextrem 2020





Compañeiros e colegas Bikers ...

Quedan 2 fins de semán antes do día que tiñamos previsto para facer a EUMEXTREM 2020 - Sabado 11 de Xullo , este ano foi e está sendo un pouco raro e anormal pero eu ainda teño esperanza e quero poder celebrar esta Edición coma todolos anos , ainda que sexamos poucos.
Si valorades poñer outra data , por mín sen problema.

Gustaríame saber a vosa opinión para saber si seguimos adiante , ainda que o teño un pouco abandoado , eu estou disposto a poder facela.
https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/travesia-do-eume-2020-45626488

Habría que darlle unha volta a zona , porque ese Track e Virtual e non sabemos como están os camiños , sobre todo a zona que esta mais alonxada do final de Ruta. Ainda que e unha ruta longa, non vos asustedes porque ten varias zonas de pisteo que se poden facer moi rápido para facela mais viable.

Como sabedes e senon volvo a contalo , o Inicio sería onde nace o Eume na Serra do Xistral e o final sería na desembocadura en Pontedeume , votade unha ollada o Track para velo percorrido.
Polo que a Ruta non e circular e habería que buscar os medios para ir ata o Inicio (Furgón ou coches particulares) para logo voltar a buscalos de algunha maneira , por eso sería importante ter unha previsión.

Tamén vai ser mais compricado buscar un sitio para ducharse o final , pero sempre queda a Praia ou o Río , que dixo medo , jeje.

Eu intentarei darlle unha volta o percorrido no pouco tempo que queda , si algún dos colegas das Pontes pode facer a parte Inicial eu intentarei revisar o resto do percorrido ...

Sin mais, conto con vós ......

Ningún comentario: