La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 31 de marzo de 2012

Loito nas Fragas do Eume




Hoxe é un día moi triste e será inolvidable durante moito tempo , xa que o noso paraiso que temos tan preto esta pasto das chamas
Estou desolado o ver as imaxes datescas ante os meus ollos , ainda que non poiden pisalo terreo afectado , a miña solidaridade cos veciños que ali viven e logo pola xente que nos gusta desfrutar de este entorno que tiñamos tan preto e tan fermoso , tocará velo teñido de negro durante moito tempo , posiblemente Nunca Mais volva a ser o mesmo , o Parque Natural finou por culpa dun terrorismo ecolóxico que hoxe en día nos amenaza cos incendiarios ...........

Como vedes a idea de este Blog era ir recopilando as saidas , percorrendo e desfrutando da zona , pois xa non sei si podremos seguilo facendo , xa que nunca volverá a ser o mesmo

Espero que os culpables de isto , o pagen moi duro

Non teño mais forzas para poder expresar o meu sentimento
Unha aperta a todos os afectados

1 comentario:

FSEOANEP dixo...

Dous cicloturistas alertaron na zona do incendio dun foco de lume en non lles fixeron caso .............
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/04/04/xunta-dio-falsa-alerta-tres-horas-gran-fuego/0003_201204G4P10991.htm