La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


venres, 15 de maio de 2015

Travesía Btt Xistral 2015





Impresionante Ruta realizada pola zona do Xistral dende Xermade ata a zona alta de Mondoñedo , percorrendo case todas as suas montañas e pola zona onde o Río Eume fai o seu Nacemento,  o día tamén se prestou xa que o vento nesa zona suele afectar moito.
Ruta exigente físicamente para facer como entrenamento de grandes Retos

Despois de varias saidas pola zona do meu colega Cachopa , fomos unindo tracks ata conseguir esta impresionante Ruta , que recomendo , estando ben físicamente

Deixovós o percorrido
TRACK

Fotos para que se poida ver mais a zona
https://picasaweb.google.com/109361223274186759204/TravesiaXistralBtt2015

Saudos

Ningún comentario: