Outro ano mais e para non perder as boas costumes , celebramos outra Edición da Eumextrem , este ano trasladamonos a zona do Nacemento do Eume , na Serra do Xistral , unhos paraxes de media - alta montaña , onde as temperaturas pese a ser o mes de Agosto eran bastante baixas e nas que a climatoloxia sempre é unha sorpresa , de feito tivemos algo de todo , nevóa , choiva , sol ...
Ali nos xuntamos 9 colegas , entre eles un soriano que vive en Madrid pero con vinculos familiares galegos e ademáis e socio de unha tenda de bicis en Cee (Carlos).
Poidemos desfrutar da zona , facendo unha etapa un pouco mais corta do habitual , 70 km , pero que en ese tipo de terreno faise suficiente para poder desfrutar sen sufrir en demasía
Comenzamos subindo para entrar en calor , xa que a temperatura era moi baixa a esas primeiras horas , hacia o Pico do Xistral , no que a espesa neboa nos impediu desfrutar das vistas a esa altura
Ainda que logo iría mellorando e levatando , deixandonos poder desfrutar do entorno , no que sempre tivemos compañia de vacas e cabalos durante toda a ruta e desfrutando de toda a paisaxe
Como o nome da ruta indicaba , fomos velo Nacemento do Eume e por suposto bautizarse en el , de obrigado cumprimento para todo aquel que queira desfrutar das rutas polo seu entorno , logo de 5 edicions , xa podemos decir que estivemos en rutas durante todo o seu percorrido , dende onde nace ata onde morre
Logo iriamos desfrutando de diferentes entornos , pasando por todo tipo de terreo , pistas , camiños , sendeiros con subidas duras e baixadas bravas nas que cada un iba sufrindo e desfrutando en todo o seu entorno , pasamos polos concellos de Muras , Abadin , Mondoñedo , Alfoz , etc. Moitos pobos abandoados e zonas nas que a vida durante o ano ten que ser moi dura , pero fermoso de desfrutar o seu percorrido
Deixovós o resto de fotos , para que teñades idea do seu entorno
¡¡¡¡¡¡ Ata a Próxima !!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario