La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 13 de abril de 2013

IV EUMEXTREM BTT 13 ABRIL 2013

Cambiamos de zona e fomos pola de Monfero , a xente andaba con outras metas e fomos poucos , saimos da Taberna da Pila da Leña que xa ten novos propietarios.
Xuntamonos 4 cabaleiros a desfrutar dunha maña que se preveia mellor do que estuvo , tivemos moito vento no inicio e nas zonas altas cando fomos acompañando os muiños de vento, logo de volta internamonos na zona de bosque e melloramos pero o terreno tamén se puso mais compricado , ainda hai moita auga nos camiños e faise moi pesado pedalear
De todos xeitos desfrutamos da maña e algún voltou sorprendido do que pode dar a zona do Eume ........ Suso e mais eu tivemos que ensinarlle a Jose e a Cachopa a beleza das vistas do Eume dende a zona Alta

¡¡¡ Ata a próxima !!!







Resto de fotos:
https://picasaweb.google.com/108220686931061538436/ProbaEumextrem2013

luns, 7 de xaneiro de 2013

Andaina Cañon 2013



Xa pasara un ano dende a última andaina polas Fragas do Eume e, un feito tráxico, ocorrido o verán pasado coma foi o incendio que asolou parte delas, facíanos pensar que si repetíamos a rota feita no 2011 íanos borrar os recordos dunha fraga aletargada polo inverno pero agardando a primavera para brotar de novo. O final decidimos repetir a mesma dado que o tempo aveciñábase  bo e, sería unha forma de dar fe que, aínda que o incendio causou moito mal, as súas consecuencias estábanse a recuperar.
Saímos da vella central de Ventureira enfilando en zig-zag as tubaxes que levaban a auga as súas turbinas, nesa subida, o pouco frío que levábamos, xa o deixamos atrás, pero o sorprendente foi ver a varios corredores de raid subindo ó trote, deixándonos como si nos fóramos unha excursión do Inserso comparados coa súa destreza. Arriba, nas piscinas de captación de auga, tomamos un respiro e achegámonos a ver a zona por onde baixa o torrente pletórico de auga. Alí xuntámonos co resto da expedición que achegaran os coches para non ter que volver a facer este percorrido de baixada a Ventureira.
Encamiñamos xa a senda cara á presa do Eume pero, desta vez, pertrechados con lanternas, internámonos por un dos túneles feitos na pena e onde habitan os morcegos que estaban a ser observados por 3 rapaces que logo explicáronnos algo sobre o seu traballo.
O percorrido, como sempre nas Fragas, fíxose curto xa que hai tanto para que mirar que pasa o tempo moi rápido, desta vez destacaron as feridas feitas polo lume e que, afortunadamente, están a ser borradas, polo menos no aspecto visual.
Unha vez na presa descanso para tomar o tentempé e, trala visita á canteira, onde uns escaladores estaban colgados nas paredes, acometemos a subida máis esixente onde nos cruzamos con outros practicantes de raids, a verdade que nestas costas, teñen ben onde por as pernas coma vigas de aceiro. Unha vez arriba, xuntamos co resto da familia de José Manuel, con seu vello setter incluído, tamén asiduo das Fragas. Xuntos encaramos o camiño, dende este punto que foi a orixe do incendio, hasta o derradeiro miradoiro onde, tras as oportunas fotos, baixamos cara aos coches e, a continuación, dirixirnos ó restaurante para repoñer forzas.
A rota sigue estando espectacular aínda que as pegadas do lume están aí, menos mal que nas zonas onde a humidade e flora autóctona foron quen de deter o avance das lapas. Solo esperar que, polo menos, se aprendera a lección e, confiar en que a natureza repoña o que non fomos quen de evitar, na primavera voltaremos a comprobalo, prometido.


Un saúdo.

luns, 10 de decembro de 2012

CRONICA II KDD OUTONO BEUMETT



Xuntamonos na saida 24 bikers , ainda que houbo ausencias de xente que suele acudir , moita xente do CCFerrol e tamén do CCRiazor.




O día prometía ainda que de inicio a temperatura era baixa , pero logo comenzamos a entrar en calor en cando chegamos a Altura do Castelo de Andrade xa nos sobraba temperatura


Saimos de Cabañas hacia Pontedeume facendo ruta polo lado dereito do Eume , logo avanzamos ata o Punto mais alto da ruta e no de mellor vistas e a xente desfrutou do Entorno , ainda vendo nalgún tramo os efectos do lume da pasada Primaveira , comprobamos que as Fragas arderon pero xa están retornando o seu colorido



Despois veo a parte mais fermosa e esperada da ruta que foi a baixada hacia o Eume , na que intentamos desfrutala pero collendo precaucions , logo de atravesar o Eume , cada un foi subindo como poido e con calma para retomar altitude ata chegar a Xavariz

Logo algo de asfalto para agrupar ata Lavandeira e comenzar a zigzaguear polos sendeiros traballodos e fermosos que nos ten Cachopa (gracias por deixarnos desfrutar do teu traballo) por esa zona de Cabañas , na que todo o mundo poido disfrutar e quedar impresionado dos seus percorridos
Logo fixemos o regreso ata o punto de Inicio polo lado esquerdo do Eume ata chegar o punto de Inicio

En fin o día perfecto de Btt no que todos poidemos desfrutar sen incidencias e desfrutando do entorno . ¡¡¡ Ata a próxima , compañeiros !!!

Deixo as fotos dos compañeiros fotógrafos e o Track final da Ruta

Fotos de Jolin:
https://picasaweb.google.com/108807593216652791519/RotaDoOutono2012PolasFragasDoEume

Fotos de Gui:
https://picasaweb.google.com/lublancoli75/IIKddaBeumeTT

Fotos de Felipe:
"https://plus.google.com/photos/106156256520958109512/albums/5820383522774665473?authkey=CNqfpMnu8KPnQg"

TRACK


Ruta en bici 1924038 - powered by Bikemap 



Ruta en bici 1924038 - powered by Bikemap 

sábado, 24 de novembro de 2012

II KDD OUTONO BEUMETT


Xa temos fecha para a Celebración da II Kdd Outono Beumett , será o Sábado 8 de Decembro do 2012, as 08:45 na explanada do Parque de Cabañas (o lado da caseta de Información Turistica), A ruta son 43 Km , cunha dificultade media-alta polos desniveles acumulados



Este é o Mapa da zona que percorrerá a Ruta.

 Para anotarse enviade correo a  fseoanep@gmail.com


Tamén no enlace do foro:
 http://beumett.foroactivo.com/t54-kdd-outono-beumett-2012