La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 22 de maio de 2010

Embalse da Ribeira



Hoxe fomos pola zona do Embalse da Ribeira (As Pontes) e bordeamos o Eume por unhos fermosos sendeiros atravesando as Fragas de Lostegal e Vilarbó ata chegar a zona do Caneiro (Albergue) , ruta corta pero intensa e fermosa paisaxe , con duras subidas pero boas baixadas para os que tamén lles gusta disfrutalas ............


Gracias Jonas por enseñarnos as fermosas rutas que temos preto de nós

Track da ruta:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=852574