La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 14 de abril de 2018

Kdd Costeira Abril 2018

Este ano variamos o percorrido da  típica Kdd anual que solemos facer pola zona das Fragas do Eume, facendoa pola zona costeira mais próxima que temos e ben fermosa por certo , aproveitamos para invitar os nosos colegas da montaña e do interior e penso que desfrutaron do entorno.

Percorremos a costa de Pontedeume , Redes , Ares , Mugardos o mais pegado a Costa posibel para asi poder desfrutar desa zona , ademais tivemos un fantastico día no que as vistas se facian mais fermosas 





Temos que agradecer a Jorge de Eumebike e Joaquin o Frutero pola aportación de material para facer o avituallamento e o noso colega Berni que nos foi a levalo e servilo no Mirador.



Ata a Próxima.

FOTOS

TRACK 

Percorrido Virtual