La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 13 de abril de 2013

IV EUMEXTREM BTT 13 ABRIL 2013

Cambiamos de zona e fomos pola de Monfero , a xente andaba con outras metas e fomos poucos , saimos da Taberna da Pila da Leña que xa ten novos propietarios.
Xuntamonos 4 cabaleiros a desfrutar dunha maña que se preveia mellor do que estuvo , tivemos moito vento no inicio e nas zonas altas cando fomos acompañando os muiños de vento, logo de volta internamonos na zona de bosque e melloramos pero o terreno tamén se puso mais compricado , ainda hai moita auga nos camiños e faise moi pesado pedalear
De todos xeitos desfrutamos da maña e algún voltou sorprendido do que pode dar a zona do Eume ........ Suso e mais eu tivemos que ensinarlle a Jose e a Cachopa a beleza das vistas do Eume dende a zona Alta

¡¡¡ Ata a próxima !!!







Resto de fotos:
https://picasaweb.google.com/108220686931061538436/ProbaEumextrem2013