La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 29 de setembro de 2018

Nocturna Beumett 2018



Cronica
Xuntamonos unha boa grupeta , os de sempre e outros colegas da zona que aparecen nas boas ocasions , tamén os colegas das Pontes , Guitiriz , Teixeiro ....
Ainda que arrancamos con moita nevoa , no que as luces facian falla mais que pola falta de luz , logo foi mellorando , tivemos que lamentar a caida dun colega ciclista o que provocou que se rompera un pouco a grupeta de cara o remate , logo os mais festexeiros desfrutamos dun bon Churrasco e da boa compañia.
Ata a próxima , colegas.