La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 22 de xuño de 2019

EUMEXTREM 2019


O vindeiro Sabado 13 de Xullo 2019 - 08:30 faremos nova  Ruta , que xa vai pola sua 8ª Edición.

Ruta longa non organizada, de colegas deste tipo de Aventuras. 
A ruta componse de duas partes sobre 55km antes de Xantar e sobre 40 km para a parte da tarde.

Saida as 08:30 de Pontedeume , visitaremos O Castelo de Andrade , Mosteiro de Monfero e os Miradores do Carbueiro , Pena Cavada e o Mirador do Embalse do cañon do Eume , percorreremos a zona Alta e baixa do Eume e despois do xantar o Alto do Fontardión , Forgoselo para logo voltar pola zona do Belelle e a zona Alta de Cabañas.

Faremos a comida - Avitauallamento no Pazo (Km 55)
Plato único a escoller + Bebidas + postre e café

Logo de ali haberá duas opcions de Ruta corta e longa , quedán os Tracks nos enlaces.

Haberá duchas no Pabellón da Casqueira para o remate e opción de churrasco para o que queira o finalizar. (coste a negociar según os participantes)

Cada un será responsable dos seus actos e autosuficiente durante toda a Xornada



TRACK VIRTUAL

Opcion corta

Opcion longa

Animadevós a desfrutar da Aventura con nós.