La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


mércores, 15 de xullo de 2020

EUMEXTREM 2020 - Travesia do Eume



Despois de pasalo día , xa podemos facer unha valoración , penso que todo un éxito según os comentarios dos participantes. Este ano raro e coa ameaza de pandemia que ainda perdura , tiven dudas ata preto da data que tiñamos marcada , pero o final conseguimos poder facela e penso que foi unha das mellores ata o momento.

Xuntamonos 20 bikers con ganas de desfrutar e penso que o conseguimos.


A Primeira Eumextrem con un recorrido lineal con distintos e distantes puntos de Inicio e Remate , tanto como o percorrido da Ruta - 115 Km, pero a idea de este ano era facela Travesia do Eume dende o seu Nacemento no Xistral ata a sua Desembocadura na Ria de Ares en  Pontedeume e ir o mais preto posibel todo o mais que poidemos e dentro das posibilidades da Ruta de este tipo.
Como Novidade tivemos o apoio dun Furgón con chofer (gracias a Cerviño) que ademáis nos fixo de apoio nos varios Avituallamentos que tivemos ...



O Eume nace no Xistral a 880m de Altitude no lugar de Montouto no Concello de Abadín , na xuntanza do Regato do Lamoso e Regato das Toxeiras e percorre 80 Km de curso ata o seu remate en Pontedeume.
Este foi o trazado que intentamos facer na Ruta de este Ano.




Conta a lenda """que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente.
Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa"""

Comenzamos no Xistral cunha verdadeiro día de inverno con Neboa , Ventisca e unha sensación de temperatura demasiado baixa para está epoca estival , a xente non iamos coa roupa preparada para esto e colleunos un pouco desprevenidos.






Logo a cousa fou mellorando según iamos descendendo en altura e as sensación de friaxe foise defuminando para aclimatarse a un día destas datas.





A primeira parada foi en Muras onde o Eume xa vai collendo mais caudal e logo adentramos pegados por vellas corredoiras das que cada vez quedan menos por Fragas autoctonas de carballos e castiñeiras , pasando por vellas aldeas , algunhas abandoadas e no que a xente foi deixando pero a sua beleza natural segue viva.






Fomos deixando altura e acercandonos As Pontes a través de Fragas como a zona do Caneiro onde vimos a restauración manual dunha Ponte que atravesa o río , colaborando xente dos que participaron na Ruta (Jonas , Manolo Lamas , Arturo ...) e por onde xa atravesamos e probamos a sua resistencia noutras Rutas , por ali pasamos na Eumextrem 2018.



Os camiños seguían e ainda que a Ruta debería ser pa baixo , fixemos boas subidas e longas coma as que nos levaban a parte alta do Monte da Carballeira onde hai unhas vistas excepcionais do Pobo e Lago das Pontes.




Logo , unha longa baixada nos levaría a zona do Lago das Pontes , formado nas  excavacions do lignito que se abastecía para a Central Térmica das Pontes e as augas do Eume axudado polas precipitacions da zona durante tempo , e o cal e considerado o lago artificial mais grande de Europa.
Hoxe utilizado como praia artificial e para a practica de distintas actividades nauticas e deportivas.





Percorremos o seu perímetro durante 12Km antes de parar para  Xantar o espectacular Menú que nos tiña preparado o noso colega Biker Arturo.






A continuación e cos estomagos cheos costou bastante entrar en dinámica pero pouco a pouco fomos entrando e para eso axudounos a sombra da Fraga e o frescor do Eume durante a fermosa senda longa que desfrutamos durante un montón de Km antes de facela subida que nos levaba a Fervenza das Painceiras de Bermui.




Logo voltamos a coller altitude ata chegar a áltura do Fontardión para despois facer o tramo final que nos levaría a zona das Fragas e Mosteiro de Caaveiro antes de chegar o noso destino final cun montón de Km e de aventuras.






O noso destino xa estaba preto xa estaba moi preto e o Eume iba ancheando ata desembocar na Ría de Ares pasando por Pontedeume. O Rio remataba e a nosa Ruta tamén , que ainda que iamos cansos ainda nos quedaba gaña de mais






Cabe destacar que na Edición de este ano tivemos a Javi como protagonista un rapaz de 17 anos que logrou completar a Ruta , con moito esforzo pero orgulloso de este Reto. 
¡¡¡¡¡ Noraboa Javi !!!!!




Voltaremos a desfrutar do Eume facendo o que nos gusta,  e xa sabedes o Ano vindeiro esperando ca pandemía desaparecera faremos a Edición da Eumextrem 2021 cumprindo 10 anos das nosas Rutas , polo que terá que ser outro ano especial.

Lembrade : """ Hai moitos camiños no Eume , algúns non se coñecen , axudanos a atopalos , as Fragas veno merecen """

¡¡¡¡ Saude e Sorte para seguir adiante !!!!