La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


luns, 15 de xullo de 2019

Eumextrem 2019 realizada



Outro ano mais fixemos a edición de esta Ruta que xa se convertiu nun clasico da nosa grupeta.
Xuntamonos 11 bikers (ainda que faltaron moitos dos que contaba) para desfrutar do noso entorno mais próximo.

Este ano tocaba voltar a sair dende Pontedeume para logo ir collendo altitud e desfrutar das zonas de Monfero , A Capela e Fene antes de voltar o Inicio.

Saimos case puntuais , pero xa a pouco da saida e facendo a subida o Castelo de Andrade tivemos averia na bici de Arturo que fixo que tivesemos que voltar o Inicio para cambiar de bici (menos mal que sucede a 4 Km de ruta , non quero imaxinar si pasara a media Ruta) , neste tipo de aventuras non levamos apoio e cada un ten que buscarse a vida para solventar as incidencias.

Despois de esta anecdota poidemos reagrupar de novo no Km 12 e xuntarnos todos.
A partir da xuntanza fomos facendo Km con calma ata a primeira parada que sería no Mosteiro de Monfero sobre o Km 30 , quedaba quizais a parte mais fermosa da Ruta pero a mais dura ata a parada do xantar no zona do Pazo na Capela Km 58 , desfrutando antes das vistas que nos ofrecen os Miradores sobre o Rio Eume e no que deixamos constancia polas fotos realizadas.

Logo do xantar e de repoñer forzas , Juan e Serxio abandonaron para recortar a Ruta e poder chegar o destino sen sufrimento.

Os 9 bikers restantes  continuamos Ruta e ainda superando zonas duras da subida o Fontardión e Forgoselo para logo baixar o Rio Belelle e facer tramos mais levadeiros , en total sairon 101Km completiños para non defraduar a Aventura outro ano mais.

Track oficial

Fotos da Xornada

sábado, 22 de xuño de 2019

EUMEXTREM 2019


O vindeiro Sabado 13 de Xullo 2019 - 08:30 faremos nova  Ruta , que xa vai pola sua 8ª Edición.

Ruta longa non organizada, de colegas deste tipo de Aventuras. 
A ruta componse de duas partes sobre 55km antes de Xantar e sobre 40 km para a parte da tarde.

Saida as 08:30 de Pontedeume , visitaremos O Castelo de Andrade , Mosteiro de Monfero e os Miradores do Carbueiro , Pena Cavada e o Mirador do Embalse do cañon do Eume , percorreremos a zona Alta e baixa do Eume e despois do xantar o Alto do Fontardión , Forgoselo para logo voltar pola zona do Belelle e a zona Alta de Cabañas.

Faremos a comida - Avitauallamento no Pazo (Km 55)
Plato único a escoller + Bebidas + postre e café

Logo de ali haberá duas opcions de Ruta corta e longa , quedán os Tracks nos enlaces.

Haberá duchas no Pabellón da Casqueira para o remate e opción de churrasco para o que queira o finalizar. (coste a negociar según os participantes)

Cada un será responsable dos seus actos e autosuficiente durante toda a Xornada



TRACK VIRTUAL

Opcion corta

Opcion longa

Animadevós a desfrutar da Aventura con nós.

sábado, 13 de abril de 2019

Volta Btt o Concello de Pontedeume


Este ano fixemos a 2ª Edición desta Ruta que o ano pasado comenzou coma unha anecdota pero que nos gustou moito e daquela quixemos repetir mellorando e variando algo o percorrido.
Tratase de unha ruta circular con Saida e chegada en Pontedeume e que percorre toda a sua contorna geografica , o inicio faise pola zona costeira , para logo adentrarse na zona interior e regresando pola zona do Rio Eume , percorre zonas de Centroña , Boebre , Breamo , Castelo , A Veiga , para logo adentrase na Fraga e baixando o Rio Eume.

Penso que cada ano gusta mais e esperamos que a xente se vai animando a facela con nós.

FOTOS

TRACK