La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


domingo, 8 de xullo de 2018

Eumextrem 2018

Outra edición mais da nosa mítica Ruta longa en Btt pola nosa contorna do Eume , este ano tivemos axuda no diseño dos nosos colegas das Pontes, agradecer a Manolo Lamas , Arturo , Doce , Fran e demáis colaboradores.

Este ano tamén e como novidade a opción a poder facer 3 distancias de Ruta coa posibilidade de poder facelo pola maña , pola tarde ou todo o día (opción longa)

Saimos das Pontes do Polideportivo da Fraga as 09:00 da maña 13 bikers con un tempo estupendo para poder disfrutar da xornada.


A ruta da maña bordeamos o Embalse da Ribeira pero sin ir pegados a él , por camiños e pistas enxebres percorrendo aldeas tranquilas e por sendeiros ribeireños ben fermosos e salvando pasos con pontes de madeira feitas artesanalmente para a ocasión para poder desfrutar dos sendeiros sin ter que baixarse.





Logo continuamos ata coronar a zona do Caxado para emprender a baixada ata o Entorno do Lago das pontes onde poidemos desfrutar dun explendido avituallamento que nos tiña preparado o amigo Arturo xunto cos seus colegas , a partir de aquí houbo xente que rematou a xornada e outros incorporanrose para facer a parte da Ruta da tarde

 


Logo de recuperar folgos e coller enerxia continuamos Ruta bordeando o Lago para enlazar coa zona do Forgoselo e Goente

A partir de Goente enlazamos a zona do Eume  visitando a Fervenza do Bermui que estaba espectacular coma sempre, e percorremos a fermosa senda que bordea o río pola espesa Fraga ata o final da ruta, de novo na entrada de As Pontes.






Xornda perfecta e boa compañia , Boa Ruta e con un espectacular día para desfrutar do noso Entorno.

Algúns quedamos a poder comentar a xornada arredor dunha mesa.




Ata a Próxima colegas.

Fotos da xornada