La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


domingo, 13 de maio de 2012

III EUMENXEBRE BTT 5 Mayo 2012

Hoxe foi unha xornada das que costará traballo esquencer cando vaiamos sendo vellos, nunca unhas simples bridas de plástico nunhas mans maestras dos Macgyber Jonás e Alejandro deron tanta solución aos tantos problemas que tivemos, vaia para eles a admiración do resto do grupo... Foto de Saida
A mañá empezou animada coa xente do Leboreira que fixo parte da rota sin quedarse a comer, rodamos xuntos as 2 primeiras horas momento en que os 7 que intentábamos ser finisher, paramos a facer o primeiro avituallamento cun café quentiño, varios aguaceros xa deran aviso de que a época de auga aínda non rematara do todo.
Reiniciámola rota polos camiños que Fernando tiña seleccionado, afinando aínda máis sobre a marcha en función do estado deles. As penurias xa empezaran a primeira hora na urbanización Costa Miño onde, Alejandro saiu voando por un lado e a bici por outro o pasar unha ponte de madeira, sin máis consecuencia que o susto no corpo.
A media mañá Fernando nunha subida, fixo un oito coa patilla do seu cambio, parada e uso da que levaba de reposto.
Logo, unha zapatilla de Marcos empezou a ter fame e as primeiras bridas fixeron a reparación con Alberto de ferrador.
Despois, máis...: atranco no desviador da bici de Marcos onde a cadea fixo un nudo obligando a desmontar a fixación ó cuadro para repoñelo.
Máis adiante, outra vez Marcos (hoxe foi o pupas), dobla a sua patilla que conseguimos enderazar a base de dúas pedras como nos tempos dos trogloditas.
Ó pouco, a epidemia esténdese e os virus apoderánse do meu cambio o que se lle solta o muelle interno que leva dentro de onde fai o xiro, deixando a patilla sin tensión, logo de desmontar completamente os internos do cambio, os Macgyber dan coa solución e conseguimos a funcionalidade total sorprendendo os demáis que xa o dábamos por perdido.
Pero aínda quedaba máis... outra vez Marcos parte un tope do cambio e as bridas volven a facer unha boa función para saír do paso aínda que en sigle-speed. Visto ó cúmulo de averias e xa sin gaña de seguir tentando a sorte decidimos tirar por estrada hasta Monfero e Pila de Leña onde tíñamos as tortillas agardando e xa dende alí voltar a Pontedeume por estrada, onde finalmente chegamos sobre as seis da tarde cun sol radiante para amolar máis. En fín, que hai días en que as cousas se torcen (e as patillas dos cambios tamén...) e hai que aceptalo así pois forma parte do xogo e, como dicen os vellos, "O importante é non mancarse", e iso si que o conseguimos. Foi un bo entreno xa que o terreno estaba moi pesado e o resto da rota estará ahí agardando mellor día para intentar completala. E neso quedamos... pero todos con patilla e bridas de tódolos tamaños nas mochilas, e, por suposto, Marcos cunhas zapatillas e cambio novos, jajaja Foto Final
Perfil:
Mapa Aereo da Ruta :
Resto de Fotos by Jolin