La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


mércores, 16 de novembro de 2011

KDD OUTONO BEUMETT FRAGAS 2011



Xa temos fecha para a Kdd de Outono polas Fragas do Eume 2011, será o Martes 6 de Decembro , na Capela as 08:30 diante do Concello , sempre que o tempo nos acompañe , se a climatoloxía fora moi adversa pasaríase ao seguinte festivo

A ruta leva sobre 5 horas facela , sempre dependendo das incidencias e da xente que xuntemos , e de un nivel medio-alto

Para facer lista , a través do enlace:
http://beumett.foroactivo.com/t5-kdd-polas-fragas-do-eume



Ruta en bici
1349632 - powered by Bikemap