La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


venres, 21 de outubro de 2011

A seca do Ano 2011



Debido a sequía de este ano, o Pantano da Riveira ten o seu nivel mais baixo dende a sua construción , posiblemente da sua historia e lembranos e deixanos ver as cousas que hai moitos anos non se recordaban , mostrandonos as antigas aldeas que quedaron asolagas ..............

Fotos da ruta feita por Jonas , na que comenta "Yo me di el gustazo de rodar en bici caminos que llevan + de 60 años sumergidos



Fotos Jonas

Fotos Manuel Doce