La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


martes, 17 de agosto de 2010

Bordeando o Embalse da Riveira




Ruta pola zona de As Pontes bordeando o Pantano da Riveira con preciosas vistas e corredoiras,sendas,pistas eolicos,carreteras secundarias,senderos de caballos , etc

Track feito por Jonas


Fotos da zona (Jonas)

venres, 18 de xuño de 2010

Ponte do Carregal



Ruta feita por Jonas e Serafín , na que atoparon esta fermosa e antiga Ponte
A ponte e privada construido polos veciños de Inciñan , Carregal , Portonovo , etc


Track da ruta

domingo, 30 de maio de 2010

Bourando polo Eume



Hoxe , xuntamonos 8 compañeiros en Goente ( Juan , Jose , Carlos , Javi , Sergio , Suso , Manel e Fernando) , para seguir a investigar a zona do Eume , na cal canto mais coñecemos mais nos gusta ........
Saimos de Goente e fomos hacia a zona de Pumar , Fragacha , Paipaz , Pazo , Terba , Venade e logo ata Faeira para dende ali dar volta o punto de Inicio en Goente , atopamos camiños moi ciclabes e boas vistas , ainda que para chegar a elas houbera que sudar un pouco

Track da ruta:

Fotos:
http://picasaweb.google.es/FSEOANEP/BourandoPoloEume#

sábado, 22 de maio de 2010

Embalse da Ribeira



Hoxe fomos pola zona do Embalse da Ribeira (As Pontes) e bordeamos o Eume por unhos fermosos sendeiros atravesando as Fragas de Lostegal e Vilarbó ata chegar a zona do Caneiro (Albergue) , ruta corta pero intensa e fermosa paisaxe , con duras subidas pero boas baixadas para os que tamén lles gusta disfrutalas ............


Gracias Jonas por enseñarnos as fermosas rutas que temos preto de nós

Track da ruta:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=852574

sábado, 24 de abril de 2010

O Mar do Eume



Hoxe chegamos a beira da Auga , pero hai que cruzar en Barco ..........
Bonita Saida a de hoxe , ainda que tocou facer de exploradores e non sempre con bon final , tendo que dar volta por varias veces , e facer baixadas e subidas a pé monte a Través , tamén un pouco accidentada , ainda que puido ser peor , o que si está claro e que ainda quedan moitos camiños por descubrir .......................

Track da Ruta:


Fotos de Xoan Carlos:
http://picasaweb.google.es/oguan01/Mardoeume#

Fotos de Fernando:
http://picasaweb.google.es/FSEOANEP/Goente_Eume#

Fotos de Sergio:
http://picasaweb.google.es/sergioprietofeal/ActualizadoRecientemente #