La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


domingo, 7 de novembro de 2010

Outono - Fragas do Eume 2010



Domingo 7 de Novembro - 08:30

Ruta de Outono polas Fragas do Eume , con saida dende o Mosteiro de Monfero


Ruta en bici
1344122 - powered by Bikemap 
">


Fotos de Jolin

Fotos de Felipe


PASANDO DO PAPA

¡Entre o ceo e o inferno!

Os primeiros quilómetros pola estrada, con pendentes fortísimas xa valen para facerse idea do que temos por diante.

Non fai frio, orballa debilmente, pero xa entramos en calor dende a primeira pedalada.

O tempo, ese a quen Jolin lle tiña medo, portouse ben.

A primeira baixada danos un respiro, pero fai tamen que unha especie de “medo escénico” se apodere de nos... unha paisaxe preciosa, pero unhas costas terribles.


Comezamos a baixada o Parrote por un camiño estreito de forte pendente... o pouco xa baixo da bicicleta polas orellas...o camiño esta minado de roca pulida pola auga cun verdor húmedo que faiche esvarar mesmo antes de pisala... si frenas, malo... si non frenas...posiblemente peor (non probamos).

Vamos baixando con pes de plomo, faise prácticamente imposible baixar subidos na bici.

Chegamos ó tramo que baixa en forma de zetas infinitas: rectas de menos de 40 metros, con pedras esvaradizas e moita rama a vista, terminan en curvas de 180º nunha pendente case que perpendicular, cun carreiriño que, de ir andando, habería que ir con moito cuidado de non caer monte abaixo... na bici máxima concentración, doenme as mans de agarrarme ó manillar.

Toca baixar e subir da bici polo menos tantas veces como curvas ten, e asegurovos que son moitas.

A impresión xeral e que igual nun vran moi seco, e con moita pericia, seriamos quen de enlazar algunha que outra zeta, pero tal como estaba, o que sexa capaz de baixar subido na bici por ahí ten a miña mais grande admiración.

Baixar foi duro, pero subir pola pista de cemento non foi menos.

Os mais machacas subiron dando pedales... a min pareceume que a paisaxe era moi bonita como para ir ca cabeza metida no manillar.... non se consuela o que non quere!


Tiña idea de que o ano pasado o lugar da Hermida estaba xa no mais alto... de feito cando chegas parece que xa non se pode subir mais... mentira!!! si que se pode! ...e moito mais!!!


Por un camiño labrado sobre roca que parecia non ter fin, por un cortalumes que parecia subir eternamente ate o mesmo céo...un auténtico inferno! ...a subida, digo.

Por un falso chan, que non e que fose falso, era que simplemente era costa arriba....

...e así toda a mañá.

Tal como podedes ver no track de Jolin, subimos tanto que mesmo acabamos mais alto do que empezamos... ¡cousa do démo! que debia de estar escondido por estas terras en tanto andaba por equí o Papa... (seguro que estaba nesa subida vertical do km 33,3 (a metade de 66,6)

Eso si, como ven se ve nas fotos, a paisaxe non ten parangón, trátase mesmamente do ceo....je,je,je

Por último facer mención especial a Emilio e a súa máquina, sen dúbida a mellor de cantas rodan polas corredoiras do planeta... capaz de baixar a toda mecha sen necesidade de apretar o pasador da roda de diante (parece que non teño boas sensacións, debe de ser do tempo que fai que non saio o monte, díxonos...) de seguir o ritmo da baixada final pola estrada ca roda de atrás pinchada (...notaba que se me iba un pouco de atrás, declarou o interesado), de facer todo o recorrido saltando o cambio de xeito continuo (debe de ser para entrear os cambios de ritmo), de quedarse co puño na man mesmo o final da baixada o deixar a bici no chan (acongojante!!!), e todo eso sin contar que trátase dunha bici “autolimpiable” e que non necesita ningún tipo de mantemento (...según el mismo afirma)

¡E vou eu e merco unha specialized yanki de m.....!!!

D.Emilio, ...Honorable, ...genio y figura! ...o dia que teña a bici en condicións...

...continuará!

PD: Gracias Jolin pola impresionante reportaxe fotográfica... vela e volver a disfrutar da saida, pero con infinito sufrimento menos.

Ningún comentario: