La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


domingo, 1 de novembro de 2015

IV KDD OUTONO 2015


Este ano trasladamos a saida ata a Sede de Eumenatura , empresa creada recentemente para desenrolar actividades na zona do Eume , no lugar de Villafail - Viñas en Monfero , onde o final da ruta poidemos desfrutar dun xantar en plan familiar no seu local.
Ali xuntamonos 16 compañeiros , alguns deles novos nestas aventuras , que quedaron encantados coa zona e que prometen voltar

A ruta fixemola pola zona Alta do Eume para percorrer os Miradores sobre o Río que da nome a nosa comarca, e que xa empezan a ser coñecidos pola xente (hai anos , non era asi).

A climatoloxia un pouco extraña este ano , con temperaturas mais propias da primavera que de Outono , fixo que algún fora con roupa un pouco extraña para a época (manga corta) , de todos modos poidemos desfrutar do colorido da zona boscosa pola que pasa a ruta




Para uns a ruta foi mais suave que en outras edicions e para outros chegou dabondo (primerizos en estas aventuras) daquela fomos formando grupos para que ninguen se perdera e se sentise acompañado , o final todos chegamos mais ou menos xuntos o destino.

¡¡¡¡ Ata a próxima !!!!

Deixovos o enlace das fotos e o Track da ruta

FOTOS

TRACK



Ningún comentario: