La leyenda

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[9]

"Temos o privilexio de vivir nun parque natural e nunha reserva da biosfera, coñecélo é o primeiro paso para protexelo"

"Hai moitos Camiños no Eume, non todos se coñecen. Axúdanos atopalos, as Fragas ben o merecen"


sábado, 3 de novembro de 2018

Kdd Outono 2018


Este ano trasladamos a celebración da tipica Ruta de Outono a zona dos nosos veciños de As Pontes , xa que habiamos falado en anteriores edicions de poder desfrutar polo seu entorno.
Diseñaron unha ruta espectacular e poidemos desfrutar do esplendor do colorido do Outono por esos lares , logo por non perder as boas costumes celebramos un xantar que tamén estivo espectacular e ademais con moi boa compañia.

TRACK

FOTOS

Ningún comentario: